• Presentación dos Resultados do proxecto LIFE IN COMMON LAND

O pasado 14 de abril, Jaime Fagúndez, investigador principal do proxecto LIFE in Common Land na Universidade da Coruña, presentaba no CICA (UDC) o traballo desenvolvido ao longo dos últimos 5 anos e os principais resultados do proxecto.

Esta xornada de presentación de resultados celébrase anualmente no CICA - Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC e inclúe unha presentación dos proxectos rematados no ano anterior por parte dos seus investigadores principais. Este evento contou coa presenza do Director do CICA, Jaime Rodríguez González, o reitor da UDC, Julio E. Albade Alonso, e o Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández, así como cun nutrido público de máis de 50 persoas.

A superficie de hábitats restaurados, os montes veciñais en man común que a partir de agora seguen un modelo de xestión por resultados de conservación e as persoas alcanzadas en labores de sensibilización e divulgación figuran entre os principais resultados do proxecto, que podes consultar no informe Layman, xa publicado no noso sitio web.

Life in Common Land

Una alianza entre las Mancomunidades, las administraciones y la sociedad para luchar contra el mal estado de los hábitats, el abandono rural y el cambio climático.